Termos e condicións

A proba consiste nun percorrido dun só anel con saída e chegada na Casa Cultural de Camporrapado. Constará de 50 km nos que haberá cinco puntos de control e avituallamento para os participantes. En tódolos puntos haberá bebidas e comida, repartidas según a esixencia da proba en cada punto.

O punto de encontro para a recollida de papeletas de control será o baixo da Casa Cultural de Camporrapado.

Horarios:

  • 08:15 – 08:45 recollida de papeleta de controis e firma de inscricións
  • 08:45 – 08:50 últimas instruccións e consellos
  • 08:50 – 08:55 palabras das autoridades
  • 09:00 saída neutralizada da proba

Durante a proba utilizaranse as normas de civismo e coidado do medio ambiente axeitados, facendo uso dos lugares habilitados para tira-lo lixo en cada punto de avituallamento.

O pago da cuota estipulada dará dereito ó usuario a:

  • Participar na proba “VI RUTA DO COLESTEROL”, valedeira para o Campionato Galego de Andainas
  • Puntos de avituallamento con bebida e comida
  • Entrega de diplomas ó finalizar a proba
  • Aparcadoiros e duchas
  • Participación no sorteo de regalos

A proba para camiñantes terá retencións, executadas en cada punto de control cos tempos estipulados nas papeletas de control recollidas antes do inicio da proba. Queda totalmente prohibido correr ou trotar durante a marcha. Calquer participante que sexa sorprendido na práctica desta actividade poderá ser expulsado da proba e non terá dereito ó diploma acreditativo para o Campionato Galego de Andainas de 50 km nin á devolución da inscrición. Asímesmo, a organización tamén se reserva o dereito de expulsar da proba a todos aqueles camiñantes que se salten puntos de control. O tempo máximo para esta modalidade será de 12 horas.

A organización tamén poderá desclasificar ós participantes que non se atopen nas condicións físicas mínimas para poder rematar a proba.

Para a consecución do diploma acreditativo da proba, cada participante deberá presentar ó rematar a andaina a súa papeleta de control marcada en cada un dos puntos de maneira diferente en todos eles. Só a falta dun dos puntos será motivo para non facer entrega do diploma. Obterán a distinción da Federación Galega de Montañismo, aqueles que completen un mínimo de 5 probas e teñan licencia federativa de montaña no 2015.

O número máximo de participantes na proba será de 400.

A organización resérvase o dereito de modificar o reparto de dorsais según a afluencia de participantes.

Tratarase de minimizar os riscos da proba, contando coa colaboración de membros de protección civil nos puntos considerados máis críticos pola organicación e cunha correcta organización da proba e señalización da mesma, pero A ORGANIZACIÓN NON SE FARÁ RESPONSABLE DOS DANOS QUE POIDAN SUFRIR OS PARTICIPANTES NIN DAS RECLAMACIÓNS DE DANOS POR LESIÓNS A CAUSA DA PROBA.

Terán a obriga de socorrer en caso de accidente ós implicados no mesmo sempre e cando necesiten axuda, así como comunicar á organicación de calquer defecto ou anomalía no percorrido que poida ser condicionante para a proba ou poida poñer en risco a integridade física dos participantes.

A organización poñerá un vehículo a disposición dos participantes que desexen abandonar voluntariamente nos puntos de avituallamento. Isto exclúe causas como incidentes ou lesións, onde se activarán os equipos que valorarán a situación e iniciarán a evacuación do participante, de ser necesaria.

Coa aceptación destos termos, dá consentimento á organización da Ruta do Colesterol a mantelo informado a través de correo electrónico das actividades previas á proba. Estos correos non se enviarán en máis de 5 ocasións antes do día da proba e 1 despois da mesma. En ningún caso se tratará de spam, e consistirán básicamente en recordatorios de datas de inscrición e tempo que falta para o día da proba.

Tódolos participantes, polo feito de inscribirse na proba, aceptan as condicións de términos que a organización impón para a realización da mesma.

 

Copyright © 2010 rutadocolesterol